Novas

O Goberno da Deputación pon en marcha o IV Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera dotado de 1.600 euros

- Os interesados en participar deberán presentar os seus traballos no Rexistro Provincial do Pazo de San Marcos ata o próximo 30 de novembro. As tres mellores fotografías recibirán premios en metálico de 800, 500 e 300 euros, respectivamente

- López Izquierdo subliñou que “nesta ocasión, o concurso ten como tema central a harmonía entre persoas e natureza. Preténdese, polo tanto, que nas instantáneas se amosen oficios tradicionais que se atopan integrados na natureza, infraestruturas ou patrimonio material, inmaterial e etnográfico que están en harmonía coa natureza”

- O Goberno da Deputación promove este concurso de fotografía para dar a coñecer e poñer en valor a riqueza paisaxística e ambiental, así como os recursos naturais dos que dispón a provincia de Lugo a través destes espazos distinguidos pola UNESCO

 

Ler máis

Reserva da Biosfera propone crear un banco de semillas autóctonas

Se utilizarían para reforestar las zonas de Cervantes castigadas por el fuego

Ler máis

Plantean crear un banco de semillas autóctonas para repoblar Os Ancares

El órgano rector de la Reserva de la Biosfera de la zona se reunió y evaluó los daños sufridos por la ola de incendios

Ler máis

Deputación, Reserva da Biosfera, Concello e ANPA de Cervantes promoven a artesanía e a gastronomía da Montaña

- San Román de Cervantes acolle hoxe o VI Encontro de Artesanía coa colaboración do Goberno da Deputación, que é o principal patrocinador, pois achega 2.000 euros e leva demostracións artesanais en vivo, no marco do seu Plan Estratéxico de Turismo
- 40 profesionais amosan produtos artesanais e gastronómicos da Comarca. Hai talleres, concursos e campionatos, ademais de actividades para nenos, teatro e música

Ler máis

A Deputación de Lugo promove os oficios tradicionais e o turismo co Encontro de Artesanía de San Román de Cervantes

- Campos Conde e Gómez Tadín presentaron a sexta edición deste evento cultural que se celebrará o vindeiro 9 de agosto no Polideportivo Municipal da localidade
- Campos Conde avanzou que “a Deputación é a única administración que colabora con este evento, e faino, para contribuír a dinamizar a economía local e a produción artesanal, así como para contribuír á promoción turística deste Concello da Montaña”
- A programación inclúe demostracións de oficios tradicionais, obradoiros, teatro, música, degustación de produtos típicos, concursos e agasallos para os participantes

Ler máis

Campos Conde presenta as primeiras accións do 1º Plan Estratéxico de Turismo participativo da provincia

- A creación dunha web de turismo lucense; paquetes gastronómicos, rutas de sendeirismo e escapadas, ou o deseño dunha ruta gastronómica da provincia, son só algunhas das primeiras actuacións nas que xa se está a traballar 
- O Presidente remarcou a necesidade de que “a Xunta e o Goberno Central fagan os seus deberes e faciliten a chegada dos visitantes a Lugo. Porque sen estradas, sen servizos ferroviarios e sen AVE, non poderemos facer de Lugo un destino turístico de referencia no país”

Ler máis

A Deputación de Lugo impulsa os 4 xeodestinos lucenses en Portugal co Expocidades 2017

- O Deputado de Turismo participou na inauguración da feira turística do Eixo Atlántico que se celebra en Portugal e á que se sumaron os Concellos de Vilalba, Cervo, Viveiro, Mondoñedo, Baleira, Meira, Burela, A Pontenova e Xermade
- Vidal Baamonde subliñou que “a provincia de Lugo caracterízase pola súa diversidade cultural e paisaxística, aportando unha oferta turística variada e singular que ofrece ao visitante múltiples posibilidades para vivir unha experiencia única”
- Expocidades é un escaparate único para dar a coñecer a diversidade turística lucense non só no país veciño, senón tamén de fóra pois, de media, esta feira de turismo conta cuns 6.000 visitantes chegados de diferentes países de Europa

Ler máis

Deputación e Campus Terra da USC estudan as potencialidades turísticas da micoloxía nos Ancares e Courel

- É un proxecto co que o Executivo busca definir estratexias para favorecer o turismo micolóxico a través de actividades concretas e estudos para a súa implantación
- Vidal Baamonde destacou a “transversalidade deste subsector” pois a recollida de fungos pode completarse con máis recursos turísticos propios do territorio
- O Executivo destina 35.000 euros á elaboración deste traballo que afonda no coñecemento dos fungos na provincia 

Ler máis

O Piornedo acolle por 1ª vez na provincia, o Campionato de España de San Bernardo, co que colabora a Reserva da Biosfera

- Fernández Queipo e Gómez Tadín participaron este domingo nunha das probas desta cita canina, que organiza o Clube Español Perro San Bernardo, en Cervantes 
- O Deputado de Medio Ambiente subliñou que “este tipo de iniciativas promoven de xeito significativo o turismo na zona dos Ancares Lucenses, pois durante as dúas xornadas deste Campionato, participarán máis de 500 persoas”
- O Goberno da Deputación colabora con este evento coa instalación da carpa onde foron puntuados por xuíces internacionais, máis de 50 exemplares desta raza

Ler máis

O Goberno da Deputación organiza 6 novas actividades gratuítas na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses

- Máis de 120 persoas de todas as idades poderán participar en Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna en conferencias sobre fauna e flora, obradoiros sobre agricultura e actividades infantís
- As actividades forman parte da programación  do segundo trimestre da Biosfera dos Ancares Lucenses. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do teléfono 982-227-812 ou do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.