Novas

200 persoas poderán participar de balde nas novas actividades medioambientais da Deputación

- Fernández Queipo destacou que “as actividades deste terceiro trimestre están pensadas para o público infantil, por estar en período de vacacións, as actividades de xullo e agosto será para os máis cativos, en setembro retomaranse as actividades para todos os usuarios”

- Identificación de cogomelos, Cultivando plantas en testos e aprendendo a regar ou Apicultura en xeral, son só algunhas das actividades que se impartirán neste trimestre

- As persoas interesadas en participar deberán reservar praza nos correos electrónicos und.medioambiente@deputación.org e ancareslucenses@deputacionlugo.org. Máis información en 982 227 812 e 982 305 930, para Lugo ou 982 227 813, para Ancares Lucenses

Ler máis

Deputación e USC impulsan o aproveitamento sustentable e a valorización da Árnica Montana nas Reservas da Biosfera de Lugo

- O proxecto, financiado con 22.700 euros, permitirá a investigadores do Campus Terra analizar a diversidade xenética desta planta medicinal e establecer parcelas de cultivo

Ler máis

En marcha o V Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera dotado da Deputación

- Os interesados en participar deberán presentar os seus traballos no Rexistro Provincial do Pazo de San Marcos ata o próximo 1 de setembro. As tres mellores fotografías recibirán premios en metálico de 800, 500 e 300 euros, respectivamente

- Fernández Queipo subliñou que “nesta ocasión, o tema central do concurso son os usos, rituais e actos festivos que constitúen e estruturan os costumes e a vida social”

- A través desta iniciativa, o Goberno Provincial promove o estudo do territorio, dende un punto de vista social, ao tempo que amosa a riqueza medioambiental destas zonas da provincias, que contan con distintivos internacionais

Ler máis

La red ferroviaria nació en Cervantes

Con la madera de Os Ancares se fabricaron hace más de un siglo buena parte de las travesías de las vías férreas cuando este sector emergía. La materia prima se procesaba en Os Cabaniños y se transportaba por el aire en un grandioso teleférico

Ler máis

El alcalde de Cervantes denuncia que las ayudas por los incendios no llegan

Asegura que los afectados todavía no han cobrado nada

Ler máis

54 alumnos do CFEA Alta Montaña de Becerreá formáronse en emprendemento sostible na Reserva da Biosfera

- Fernández Queipo entregou este xoves no salón de actos do centro de formación os diplomas aos participantes dos Campus de Emprendemento Sostible da Deputación

- Os estudantes coñeceron novas tipoloxías de empresas con valores sociais e medioambientais, e afondaron sobre a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira das súas ideas de negocio

- Para finalizar a formación, os rapaces visitaron as instalacións de varias empresas lucenses, onde tiveron a ocasión de coñecer de primeira man iniciativas empresariais exitosas enmarcadas na Reserva da Biosfera Terras do Miño

Ler máis

O Goberno da Deputación promocionará os espazos naturais da provincia de Lugo en Galicia e o Norte de Portugal

- Eduardo Vidal Bahamonde avanzou que a Deputación difundirá o patrimonio natural da provincia na guía turística de recursos naturais da Eurorrexión, que distribuirá o Eixo Atlántico en oficinas de turismo e lugares de paso de viaxeiros de toda Galicia e o Norte de Portugal

- A guía de espazos naturais da Eurorrexión terá unha tirada de 80.000 exemplares e incluirá información das tres Reservas da Biosfera de Lugo, a Ribeira Sacra, a praia das Catedrais, o Souto da Retorta, o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, o Courel, o Monte de San Vicente e rio Cabe e o Paseo das Aceas do río Sarria

Ler máis

Escolares de toda a provincia plantan salgueiros nos colexios coa Semana da Árbore e da Auga do Goberno da Deputación

- O Presidente sumouse á plantación do salgueiro que levaron a cabo os alumnos do CEIP Méndez Pelayo, na capital luguesa. Simultaneamente, alumnos doutros centros escolares do centro lugués, Mariña, Montaña e Sur levaron a cabo a mesma iniciativa

- 16.000 alumnos de 103 colexios de toda a provincia realizaron actividades durante toda a semana para as que o Executivo da Deputación editou os libros titulados A auga, o dragón e o salgueiro  e A invención do salgueiro con historias de ficción adecuadas aos cursos de infantil e primaria respectivamente que se centran nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

- O Goberno súmase mañá á iniciativa global A Hora do Planeta, que consiste nun apagamento eléctrico voluntario, no que fogares, empresas, institucións e demais edificios apagan as luces e outros aparellos eléctricos entre as 20:30 e as 21:30 horas

Ler máis

A Deputación impulsa o turismo científico nos Ancares-O Courel

- Esta proposta  busca un aproveitamento integral dos recursos de Ancares-Courel coa identificación de puntos de interese turístico-científico, así como a creación dunha oferta de actividades que permitan o desfrute deste espazo natural

- A iniciativa está enmarcada dentro do Plan Estratéxico de Turismo, que recolle a necesidade de desenvolver actuacións diferenciais para reforzar a oferta turística aproveitando os valores distintivos dos que gozamos na provincia

- Vidal Baamonde remarcou que “esta iniciativa é unha oportunidade única para o desenvolvemento desta Comarca, polas súas singulares condicións, ao mesmo tempo que contribúe a poñer en valor este territorio”

Ler máis

Santa María, una joya por emerger

La parroquia cervantega de O Castro alberga un conjunto patrimonial de gran valor. La Iglesia se asienta sobre un poblado castreño en gran parte oculto. El enclave es el orgullo de los vecinos, que hace años rehabilitaron la capilla con sus donativos y ahora luchan por retomar las excavaciones para arrojar más luz al entorno

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.