Un libro de investigación recolle “a mirada comprometida e valente dos veciños no rural da Serra dos Ancares”
- O texto é unha síntese da tese doutoral de Vanessa Fernández, e convertese nunha defensa da vida e das persoas dos territorios rurais e de montaña, especialmente daqueles máis afastados
-O Presidente, o Alcalde de Navia e a autora, presentaron esta nova publicación na Casa do Concello de Navia de Suarna, acompañados de veciños e escolares da vila
- Vanessa Fernández Fernández (1984, Murias de Rao-Navia de Suarna), é doutora en Xeografía pola Universidade de Salamanca, tamén é licenciada en Xornalismo e Humanidades, con dous másters. Sempre amosou unha mirada comprometida coa defensa e visibilización destes espazos e dos seus habitantes
Cervantes acolle a estrea da curta Quijano, o burro da Escola rodada por alumnos do CEIP ás ordes de Oliver Laxe
Hoxe presentouse o audiovisual sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses rodado “coa mirada, chea de sensibilidade e creatividade” do multipremiado Laxe
Coa estrea, culmina un proxecto dos alumnos do CEIP de Cervantes promovido pola AMPA do colexio e no que participaron alumnos do Centro de Formación Audiovisual
A presentación do filme, de algo máis de 7 minutos de duración, estivo aberta ao público e incluíu unha festa con photocall
Rematados os traballos de renovación da Praza do Campo de Quindous, no concello de Cervantes
As actuacións consistiron no tratamento fitosanitario de 4 árbores de gran porte, dous carballos albar e dúas rebolas, catalogados coma especies senlleiras
Ademais, levouse a cabo a renovación do mobiliario urbano, co arranxo das mesas e papeleiras, e a instalación de dúas mesas máis con bancos incorporados. Tamén se construíu unha nova mesa de castiñeiro
A Festa da Androlla reúne a preto de 2.000 persoas en Navia de Suarna, co apoio do Goberno da Deputación
Campos Conde participou na cita gastronómica, que se celebra todos os domingos de entroido neste municipio da montaña lucense. Nesta 29ª edición da Festa, degustáronse 200 quilos do embutido de forma gratuíta e participaron 30 expositores.
O Presidente subliñou que “este evento é unha oportunidade única para incentivar a economía do municipio, pois xera un volume de negocio superior aos 15.000 euros, poñéndose á venda máis de 3.000 quilos do produto a un prezo medio de 6 euros”
O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento, cunha achega de 3.000 euros, figurando dentro das 28 citas gastronómicas coas que colabora o Executivo, co fin de promover produtos autóctonos e de calidade da provincia de Lugo
As montañas dos Ancares e O Courel reciben o distintivo Observer, grazas á iniciativa da Deputación
- O enclave vén de recibir a certificación Espazo Observer Turismo Científico que avala o potencial do territorio como reserva científica. Trátase dun proxecto iniciado polo organismo provincial en agosto de 2018, cunha achega de 70.000 euros
- Vidal Baamonde subliñou que “é un espazo único no que xa se viñan desenvolvendo actividades científicas, non só de carácter turístico, senón tamén de investigación”
- O distintivo permitirá desenvolver unha estratexia na que se contemplan preto de 10 accións a desenvolver ata agosto de 2019, para impulsar o uso de recursos naturais e culturais para facer divulgación científica
Veciños de Becerreá aprenderon como cultivar e aproveitar plantas aromáticas cun obradoiro gratuíto da Reserva da Biosfera
- A actividade, que tivo lugar no Centro Social da localidade, ofreceu formación teórica e práctica sobre os usos comúns das plantas culinarias máis coñecidas para o seu aproveitamento
- Fernández Queipo subliñou que “a conservación da natureza é unha das máximas responsabilidades da sociedade actual, pola gran cantidade de bens e servizos que a natureza presta
A Reserva da Biosfera ofrece formación gratuíta sobre educación canina a través dun obradoiro en Navia de Suarna
O curso, que tivo lugar na Escola de Barcia, consistiu nunha sesión teórico-práctica sobre o comportamento destas mascotas e as bases do seu adestramento
Fernández Queipo, subliñou que “con este tipo de actividades de campo contribuímos a que os asistentes atopen respostas ás consultas máis frecuentes e ás incidencias que causan máis problemas no comportamento dos seus animais”
“O obradoiro serviu para que os participantes aprenderan, a través dalgúns exercicios, a corrixir condutas non axeitadas das súas mascotas, para mellorar a convivencia social e harmónica cos seus cans”, destacou
16 persoas participan en Navia de Suarna nun obradoiro gratuíto da Reserva da Biosfera sobre deshidratación de alimentos
A actividade Deshidratación de froitas e hortalizas, que tivo lugar este venres na Escola de Barcia, ofreceu formación para levar a cabo técnicas básicas de conservación de froitas e hortalizas
Máis de 30 postos enchen a XXIX Festa da Androlla de Navia de Suarna, na que se venderán máis de 3.000 quilos deste produto
A cita terá lugar o vindeiro 3 de marzo e xerará un volume de negocio superior aos 15.000 euros. O Executivo Provincial apoia a celebración desta feira, co fin de pór en valor este produto autóctono e dinamizar a actividade do Concello
Esta festa leva xa 29 anos celebrándose, sendo unha das citas do entroido máis importantes da provincia polo éxito de participación. En total, poñeranse á venda uns 3.000 quilogramos de androlla, a un prezo medio de 6 euros
A praza do Concello estará chea de postos de produtos do pais, así como de artesanía. Cada ano, son máis os produtores que quedan en espera pois o espazo para postos de alimentación énchese sempre ao 100%.
Cómpre subliñar que a produción anual deste produto no Concello de Navia de Suarna supera os 30.000 quilogramos, véndose incrementada nas datas previas á Festa
Últimas prazas dispoñibles para participar en marzo de balde no VI Campus de Emprendemento Sostible das Reservas da Biosfera
A nova edición de seminarios gratuítos de motivación e maduración de ideas empresariais, terá lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño e no Edificio de Servizos Multiusos de Cervantes. Hai 45 prazas en total, 15 en cada un dos obradoiros
A través desta iniciativa, o Executivo provincial ofrece a todos os lucenses emprendedores accións formativas de balde, tanto teóricas como asesoramento individualizado, ademais dun roteiro de visitas a empresas competitivas da provincia
Os interesados poden apuntarse cubrindo o formulario de solicitude en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/ ou no teléfono 982 22 78 13