O Goberno da Deputación promove o VII Encontro de Artesanía de San Román de Cervantes



Fonte: Deputación de Lugo

– García Porto , Gómez Tadín e Calvete Carrera inauguraron a sétima edición deste evento cultural que se celebra no Polideportivo Municipal da localidade

 A Deputada sinalou que “o Executivo colabora con este evento, e faino, para contribuír a dinamizar a economía local e a produción artesanal, así como para contribuír á promoción turística deste Concello da Montaña Lucense”

– A programación inclúe demostracións de oficios tradicionais, como a forxa ou a malla, concursos de pintura e fotografía, billarda e taller musical. Os visitantes poderán degustar produtos típicos da Montaña como mel, embutidos, ou pan

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto xunto ao Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, inauguraron no Polideportivo Municipal a VII Edición do Encontro de Artesanía da vila. Na presentación tamén participou Isabel Calvete, presidenta da ANPA de Cervantes, que colaboradora na organización desta edición, e que demanda un ensino público para a Montaña Lucense.

 

O organismo provincial realiza unha achega de máis de 1.000 euros para a organización deste evento, promovendo os produtos autóctonos e os oficios artesanais como sinais de identidade e atractivo da provincia que, ademais de xerar riqueza, contribúen ao impulso turístico da vila. Para este evento, a institución tamén leva ao Concello unha demostración de forxa en vivo.

 

García Porto avanzou que “a Deputación colabora con este evento, xunto co Concello e ANPA, e faino para contribuír a dinamizar a economía local e a produción artesanal, así como para contribuír á promoción turística deste pequeno Concello na Montaña Lucense, pois consideramos que este encontro de artesanía é un bo escaparate para dar a coñecer esta paraxe”.

 

Gómez Tadín agradeceu a colaboración do Goberno da Deputación “nesta nova edición, e que segue medrando pouco a pouco”. O rexedor convidou a todos os visitantes “a achegarse a Son Román de Cervantes para coñecer a nosa historia e desfrutar da nosa artesanía, nun enclave único”.

 

Demostración de forxa a través do CENTRAD

A Deputada avanzou tamén que “os veciños de Cervantes poderán desfrutar dunha demostración de forxa, a cargo do artesán de Victor Uriz Carreiro. Unha iniciativa posta en marcha a través do CENTRAD, coa que colabora o Executivo Provincial achegando recreacións en vivo de oficios artesáns en 11 Concellos da provincia durante este mes de agosto, e coa que contribuímos á posta en valor da artesanía e dos produtos autóctonos da provincia”, sinalou.

 

Artesanía, pintura, billarda e concursos

A VII edición do Encontro de Artesanía arrancará ás 11:00 horas no Polideportivo Municipal que, durante toda a xornada, acollerá demostracións en vivo de oficios tradicionais como forxa ou a malla. Tamén haberá concursos para os máis cativos, como mostras de pintura e concursos de pintura rápida e fotografía.

 

Os visitantes poderán degustar produtos típicos da Montaña como mel, embutidos, ou pan. Haberá un taller musical con “Troupelear”, e disputarase o VIII Aberto de Bilarda do Urogalo.


This site is registered on wpml.org as a development site.