Os ianquis interésanse pola natureza dos Ancares



Fonte: La Voz de Galicia

Castaño y Nogal recibe en tres meses miles de visitas de Estado Unidos

Por que máis de cinco mil californianos ou mil veciños de Seattle engancháronse no primeiro trimestre deste ano á páxina web da Asociación Castaño y Nogal, que defende, difunde e conserva o patrimonio histórico e natural dos Ancares e en especial da ruta Quintiá Río Donsal e da zona de Cancelada, en Becerreá. Talvez os grandes monumentos naturais que hai en Norteamérica axuda a que exista curiosidade polo traballo que desenvolven modestamente desde unha asociación de Galicia. Mentres se rexistran 908 visitas desde a cidade Sayreville (Nova Jersey) ou 292 desde Toronto, desde Lugo entraron 161 veces na web www.asociacioncastanoynogal.com.

O presidente do colectivo, Antonio Álvarez, sinala que a divulgación internacional dos seus traballos a través de Internet é unha noticia positiva, «no medio de tanta crise, tanto desacougo e tanta resignación, froito do traballo, do compromiso social e a vertebración de cooperación internacional, local e rexional de persoas e algunhas firmas comerciais».

A celebración dos campamentos de traballo internacionais, que este ano cumpren a súa cuarta edición, axudaron á difusión dunha zona rica en vexetación e en patrimonio.

Promoción europea

Ademais, recentemente quedaron finalistas nos premios Europa Nostra, que avaliaba os mellores proxectos de conservación da natureza do continente. Desde a asociación sinalaron que grazas á difusión que tivo o ser finalista deste premio convertéronse en embaixadores de Lugo en Europa.


This site is registered on wpml.org as a development site.