Suspendidas as segundas Xornadas de Arqueoloxía e Historia dos Ancares



Fonte: La Voz de Galicia

Tamén se tivo que aprazar a segunda Ruta dos Tres Castelos

Debido á situación actual (Covid-19), a Anpa do CPI de Cervantes e o Colectivo Patrimonio dos Ancares como organizadores, e a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e os Concellos de Cervantes, Balboa e Veiga de Valcarce como colaboradores, acordaron suspender as segundas Xornadas de Arqueoloxía e Historia dos Ancares previstas para os días 31 de outubro e 1 de novembro. Tamén tiveron que suspender asegundaI Ruta dos Tres Castelos que este ano ía discorrer entre os castelos bercianos de Balboa e Sarracín (Veiga de Valcarce), como continuidade da realizada o ano pasado entre as fortalezas de Doiras e Balboa.

Vía romana XIXPor outra parte, nos Concellos de Baralla, Becerreá e Cervantes xa están a disposición das persoas interesadas uns tripticos que a solicitude do Colectivo Patrimonio dos Ancares e o CPI de Cervantes editou as Reservas da Biosfera dos Ancares Lucenses e Terras do Miño sobre o itinerario seguido pola vía romana XIX pola comarca. Asociacións da comarca dos Ancares, Castroverde, O Corgo e Lugo estamos a traballar para poñer en valor e divulgar esta importantísima vía de comunicación que dende O Bierzo entraba en Galicia polo Comeal (Cervantes), e que unía as capitais conventuais de Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo).


This site is registered on wpml.org as a development site.