Vinte persoas participan en Cervantes no obradoiro de bebidas vexetais da Deputaci



Fonte: Deputación de Lugo

– Trátase dunha actividade enmarcada na programación do primeiro trimestre da Reserva da Biosfera dos Ancares, xestionada polo organismo provincial
– As actividades continúan o 22 de marzo, cunha conferencia, en Navia de Suarna,  sobre a problemática fitosanitaria en árbores froiteiras

Vinte persoas participaron esta tarde en San Román de Cervantes no obradoiro de bebidas vexetais organizado polo Goberno da Deputación, a través da Reserva da Biosfera dos Ancares. Trátase dunha iniciativa para dar a coñecer alternativas gastronómicas saudables e elaboradas con produtos ecolóxicos ou vexetais frescos de proximidade.

O obradoiro consistiu na preparación, coa guía dunha experta, de batidos verdes a base de espinacas, cenorias, tomates, limóns e laranxas, entre outros ingredientes; de refrescos vexetais elaborados con hortalizas e na preparación de diversos tipos de leite con cereais.

A seguinte actividade da programación da Biosfera dos Ancares terá lugar o mércores 22 de marzo, en Navia de Suarna. Trátase da conferencia “A problemática fitosanitaria en árbore froiteiras”, que se desenvolverá de 17:00 a 19:00 horas, con 20 prazas gratuítas para adultos.

Con estas actividades, péchase a programación do primeiro trimestre da Reserva da Biosfera dos Ancares, que levou aos Concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna, seis actividades gratuítas, para todas as idades, cun total de 100 prazas.


This site is registered on wpml.org as a development site.