Últimos días para presentar os proxectos do II Concurso de fotografía das Reservas
- As fotografías, que deberán se presentadas no Rexistro da Deputación antes do 30 de novembro, tratarán o tema dos Bosques das Reservas Da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes e Becerreá.
- Os participantes, que deberán ser maiores de idade e non premiados con anterioridade neste certame, poderán optar a 3 premios; o primeiro, de 800 euros, un segundo premio, de 500 euros e finalmente un terceiro, por valor de 300 euros.
A Deputación iniciou a contratación das obras nas pallozas do Piornedo á espera dos permisos da Xunta para poder inicialas
- A institución rematou todos os trámites que son da súa responsabilidade para acometer as actuacións, que financia nun 65,5% con 160.000 euros, mentres a Xunta achega o 34,5% con 100.000 euros a través de fondos europeos.
- O organismo financia con 510.700 euros a mellora da estrada provincial LU-P-0707, de Armesto por Torés ás Nogais, que fai de acceso dende Becerreá e As Nogais á A-6 e a Sarria e rexistra un gran volume de usuarios.
Deputación e Xunta avaliaron hoxe os avances no desenvolvemento do convenio para a rehabilitación e posta en valor das Pallozas do Piornedo
- A Deputación enviará mañá os proxectos ao Concello de Cervantes para que o municipio solicite á Xunta os permisos necesarios para poder iniciar as obras.
- O Pazo de San Marcos acolleu este martes a reunión da Comisión de Seguimento do convenio entre a institución provincial e a autonómica.
- O convenio está dotado de 260.000 euros, financiados nun 65,5% pola Deputación de Lugo e nun 34,5% pola Xunta de Galicia.
A Deputación de Lugo, en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do Territorio, organiza nas instalacións do Hotel Piornedo a xornada “O Oso Pardo en Galicia”
29-30 de Novembro de 2014 - Piornedo(Cervantes, Ancares Lucenses).
A Deputación leva reclamando á Xunta dende finais de outubro a comisión de seguimento das pallozas
- A Vicepresidenta Segunda garante que o organismo provincial “acudirá á reunión cos deberes feitos, e poderá comprobar tamén que leva feito o Goberno galego ata o de agora”.
- A pesar de que o arranxo destas construcións é competencia do Goberno galego, a institución provincial “decidiu colaborar ante o grave deterioro que presentan despois de que Feijóo decidise suprimir no 2010 as axudas públicas para o seu mantemento”.
A Deputación impulsa o estudo da natureza da provincia co II Concurso de fotografía das Reservas
- As fotografías, que deberán tratar a temática dos bosques, realizaranse nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes e Becerreá.
- O prazo de presentación dos traballos está aberto ata o vindeiro 30 de novembro e poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade que estean interesadas e non foran premiadas anteriormente.
- O concurso ofrece 3 premios dotados con 800 euros, 500 e 300 euros.
Deputación e Academia Galega de Ciencias impulsan o proxecto de conservación da natureza Rede Natura 2000
- Sonsoles López Izquierdo e Antonio Rigueiro presentaron no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a 25º edición do ciclo de conferencia Dr. Luís Asorey García.
- As xornadas, compostas por un total de 7 conferencias, celebraranse entre os días 17 e 20 e 24 e 26 de novembro no edificio provincial.
- O prazo de inscrición está aberto e os interesados en participar deberán cubrir o formulario que se atopa no rexistro xeral da entidade.