Novas

Fallados os premios do concurso fotográfico de Bosques das Reservas

- A fotografía gañadora, que recibirá un premio de 800 euros, leva o nome de Entreaugas, e é a do lucense Óscar Abelleira Ferreirós.

- O segundo e terceiro premio son para Julia García Vizcaíno, coa obra Manto de Outono, e Luís Miguel López Ferreiro, con Mirando dende a ponte

Ler máis

A Deputación de Lugo lanza os 17 primeiros proxectos grazas aos Orzamentos Participativos

- Gómez Besteiro, acompañado do presidente, o vicepresidente e o voceiro da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, e de medio cento de cidadáns, anunciou que o organismo provincial cumprirá co 90% das máis de 150 peticións concretas que fixeron os lucenses.

- Dedica 6 millóns para unha segunda edición do plan BEN EMPREGADO!, fará estudos das alternativas a SOGAMA e das vantaxes da biomasa forestal, un plan de repoboación con especies autóctonas e reforzará a promoción dos produtos da provincia.

- Convocará en xaneiro axudas para a pesca de baixura, horticultura e sector vinícola e   poñerá en marcha un banco de casas rurais deshabitadas, ademais de ofrecer becas aos alumnos do Campus cos mellores expedientes.

- “Hoxe é un gran día porque cristaliza unha vella aspiración pola que os veciños levabamos esperando 30 anos. Aqueles que dixeron que isto era fume e propaganda deben rectificar”, subliñou Jesús Vázquez.

Ler máis

A Deputación impulsa o estudo da natureza da provincia colaborando coa Estación Científica do Courel

- O organismo provincial fai unha achega de 34.000 euros para financiar parte das actividades formativas e de investigación que a Universidade leva a cabo na Comarca lucense.

- Lara Méndez destacou que “a través desta achega pomos en valor a riqueza natural da provincia, concienciando aos lucenses da importancia de preservar e manter o medio".

-Esta colaboración inclúese dentro da aposta da Deputación de establecer ao medio ambiente como o factor clave para xerar riqueza e fixar poboación en toda a provincia.

Ler máis

Gómez Besteiro avoga polo municipalismo e agroecoloxía como “un dos camiños de futuro da provincia”

- Así o afirmou o Presidente na sesión inaugural do I Simposio Ibérico de Agroecoloxía e Municipalismo e Desenvolvemento Rural que se está a celebrar na cidade de Lugo.

- O simposio pretende servir como escenario para promocionar as diferentes iniciativas e proxectos municipais agroecolóxicos en diferentes rexións de España e Portugal.

Ler máis

A Deputación impulsa o I Simposio Ibérico de Agroecoloxía, Municipalismo e Desenvolvemento Rural

- O simposio pretende servir como escenario para promocionar as diferentes iniciativas e proxectos municipais agroecolóxicos en diferentes rexións de España e Portugal

- Sonsoles López Izquierdo salientou que “a agroecoloxía é clave para o desenvolvemento e a diversificación económica do rural, pois aposta pola xestión responsable en materia medioambiental e fomenta o autoemprego"

- A iniciativa, que terá lugar os días 12 e 13 de decembro no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo, ofrece 3 mesas de traballo e 5 obradoiros e para participar é preciso cubrir o formulario da páxina www.agroecología.net

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.