A Festa da Androlla reúne a preto de 2.000 persoas en Navia de Suarna, co apoio do Goberno da Deputación
Campos Conde participou na cita gastronómica, que se celebra todos os domingos de entroido neste municipio da montaña lucense. Nesta 29ª edición da Festa, degustáronse 200 quilos do embutido de forma gratuíta e participaron 30 expositores.
O Presidente subliñou que “este evento é unha oportunidade única para incentivar a economía do municipio, pois xera un volume de negocio superior aos 15.000 euros, poñéndose á venda máis de 3.000 quilos do produto a un prezo medio de 6 euros”
O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento, cunha achega de 3.000 euros, figurando dentro das 28 citas gastronómicas coas que colabora o Executivo, co fin de promover produtos autóctonos e de calidade da provincia de Lugo