A Festa da Androlla reúne a preto de 2.000 persoas en Navia de Suarna, co apoio do Goberno da Deputación

Fonte: Deputación de Lugo

Campos Conde participou na cita gastronómica, que se celebra todos os domingos de entroido neste municipio da montaña lucense. Nesta 29ª edición da Festa, degustáronse 200 quilos do embutido de forma gratuíta e participaron 30 expositores.

O Presidente subliñou que “este evento é unha oportunidade única para incentivar a economía do municipio, pois xera un volume de negocio superior aos 15.000 euros, poñéndose á venda máis de 3.000 quilos do produto a un prezo medio de 6 euros”

O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento, cunha achega de 3.000 euros, figurando dentro das 28 citas gastronómicas coas que colabora o Executivo, co fin de promover produtos autóctonos e de calidade da provincia de Lugo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Navia Suarna, José Fernández Fernández, participou este domingo de entroido na 29ª edición da Festa Androlla que tivo lugar na Praza da vila deste Concello. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita, cunha achega de 3.000 euros, que reuniu a unhas 2.000 persoas ao longo da xornada.

A esta importante cita gastronómica do entroido tamén asistiron o Voceiro do Goberno Álvaro Santos, o Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, e os Deputados Miguel Soutela e Lino Rodríguez, entre outros.

Campos Conde sinalou que “a Festa da Androlla é unha oportunidade única para incentivar a economía do municipio, pois xera un volume de negocio que supera os 15.000 euros. Dende o Goberno da Deputación, colaboramos con este tipo de citas gastronómicas co fin de dinamizar turísticamente os Concellos, aproveitando os recursos gastronómicos dos que dispomos na provincia”.

Nesta 29ª edición da Festa, degustáronse 200 quilos do embutido de forma gratuíta, e vendéronse 3.000 quilos do produto a un prezo medio de 6 euros a peza. Ademais da venda de androlla, na cita gastronómica participaron 30 expositores onde se comercializaron todo tipo de produtos do país como a tradicional rosca de Navia, chourizos, queixos, morcilla, cerámica, ourivaría e produtos artesanais da montaña luguesa.

Colaboración con 28 citas gastronómicas
O Concello de Navia de Suarna e a Deputación de Lugo son os organizadores da Festa da Androlla, que contribúe á elaboración deste embutido na zona e a promover os produtos típicos da montaña luguesa.

Esta celebración figura dentro das 28 citas gastronómicas coas que colabora o Goberno da Deputación, co fin de promover produtos autóctonos e de calidade da provincia de Lugo. O Executivo Provincial destina máis de 100.000 euros para a organización destas citas, sendo na maioría dos casos a única administración que colabora cos municipios para a súa realización.


This site is registered on wpml.org as a development site.