A Deputación de Lugo promove os oficios tradicionais e o turismo co Encontro de Artesanía de San Román de Cervantes
- Campos Conde e Gómez Tadín presentaron a sexta edición deste evento cultural que se celebrará o vindeiro 9 de agosto no Polideportivo Municipal da localidade
- Campos Conde avanzou que “a Deputación é a única administración que colabora con este evento, e faino, para contribuír a dinamizar a economía local e a produción artesanal, así como para contribuír á promoción turística deste Concello da Montaña”
- A programación inclúe demostracións de oficios tradicionais, obradoiros, teatro, música, degustación de produtos típicos, concursos e agasallos para os participantes
Campos Conde presenta as primeiras accións do 1º Plan Estratéxico de Turismo participativo da provincia
- A creación dunha web de turismo lucense; paquetes gastronómicos, rutas de sendeirismo e escapadas, ou o deseño dunha ruta gastronómica da provincia, son só algunhas das primeiras actuacións nas que xa se está a traballar
- O Presidente remarcou a necesidade de que “a Xunta e o Goberno Central fagan os seus deberes e faciliten a chegada dos visitantes a Lugo. Porque sen estradas, sen servizos ferroviarios e sen AVE, non poderemos facer de Lugo un destino turístico de referencia no país”
A Deputación de Lugo impulsa os 4 xeodestinos lucenses en Portugal co Expocidades 2017
- O Deputado de Turismo participou na inauguración da feira turística do Eixo Atlántico que se celebra en Portugal e á que se sumaron os Concellos de Vilalba, Cervo, Viveiro, Mondoñedo, Baleira, Meira, Burela, A Pontenova e Xermade
- Vidal Baamonde subliñou que “a provincia de Lugo caracterízase pola súa diversidade cultural e paisaxística, aportando unha oferta turística variada e singular que ofrece ao visitante múltiples posibilidades para vivir unha experiencia única”
- Expocidades é un escaparate único para dar a coñecer a diversidade turística lucense non só no país veciño, senón tamén de fóra pois, de media, esta feira de turismo conta cuns 6.000 visitantes chegados de diferentes países de Europa
Deputación e Campus Terra da USC estudan as potencialidades turísticas da micoloxía nos Ancares e Courel
- É un proxecto co que o Executivo busca definir estratexias para favorecer o turismo micolóxico a través de actividades concretas e estudos para a súa implantación
- Vidal Baamonde destacou a “transversalidade deste subsector” pois a recollida de fungos pode completarse con máis recursos turísticos propios do territorio
- O Executivo destina 35.000 euros á elaboración deste traballo que afonda no coñecemento dos fungos na provincia
O Piornedo acolle por 1ª vez na provincia, o Campionato de España de San Bernardo, co que colabora a Reserva da Biosfera
- Fernández Queipo e Gómez Tadín participaron este domingo nunha das probas desta cita canina, que organiza o Clube Español Perro San Bernardo, en Cervantes
- O Deputado de Medio Ambiente subliñou que “este tipo de iniciativas promoven de xeito significativo o turismo na zona dos Ancares Lucenses, pois durante as dúas xornadas deste Campionato, participarán máis de 500 persoas”
- O Goberno da Deputación colabora con este evento coa instalación da carpa onde foron puntuados por xuíces internacionais, máis de 50 exemplares desta raza
O Goberno da Deputación organiza 6 novas actividades gratuítas na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses
- Máis de 120 persoas de todas as idades poderán participar en Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna en conferencias sobre fauna e flora, obradoiros sobre agricultura e actividades infantís
- As actividades forman parte da programación do segundo trimestre da Biosfera dos Ancares Lucenses. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do teléfono 982-227-812 ou do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org
5ª reunión de la Red EuroMAB con participación de las RB Terras do Miño y Os Ancares Lucenses
30 escolares de Cervantes participan nas Xornadas de Apicultura organizadas pola RB Os Ancares Lucenses
- 19 alumnos de Secundaria e outros 7 de Primaria do CPI de Cervantes, acompañados de 4 profesores, participaron nun obradoiro de introdución á apicultura na Casa das Abellas de Abegondo
- As xornadas, organizadas pola Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, divulgarán as posibilidades económicas da apicultura nos Ancares a través de diferentes actividades que se desenvolverán entre marzo e setembro.
Expertos inciden no potencial do rural para xerar emprego e riqueza
Analizaron en Doiras opcións para aproveitar monte e patrimonio para dinamizar a montaña
Sonsoles López Izquierdo participou nunha xornada en Cervantes sobre o futuro dos montes dos Ancares
A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, participou hoxe en Cervantes na xornada "Os montes de Ancares: retos e futuros", organizada pola cooperativa A Carqueixa e a ANPA do CPI San Román de Cervantes.