Novas

Últimas 5 prazas para participar de balde no campamento de verán de Navia de Suarna organizado pola Deputación

- Esta iniciativa, destinada a rapazas e rapaces de entre 5 e 12 anos, enmárcase nas actividades medio ambientais e gratuítas que o Executivo organiza na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, correspondentes ao terceiro trimestre do ano

- O campamento celebrarase dende o luns 20 ao venres 24 de agosto de 10:00 a 14:00 horas na Escola de Barcia

- Os interesados poden apuntarse a través da páxina web www.deputacionlugo.gal, cubrindo o pertinente formulario habilitado; a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org; ou ben no teléfono 982 227 813

Ler máis

O Goberno da Deputación promove o VII Encontro de Artesanía de San Román de Cervantes

- García Porto , Gómez Tadín e Calvete Carrera inauguraron a sétima edición deste evento cultural que se celebra no Polideportivo Municipal da localidade

- A Deputada sinalou que “o Executivo colabora con este evento, e faino, para contribuír a dinamizar a economía local e a produción artesanal, así como para contribuír á promoción turística deste Concello da Montaña Lucense”

- A programación inclúe demostracións de oficios tradicionais, como a forxa ou a malla, concursos de pintura e fotografía, billarda e taller musical. Os visitantes poderán degustar produtos típicos da Montaña como mel, embutidos, ou pan

Ler máis

A Deputación destina preto de 70.000 euros para impulsar o turismo científico no territorio Ancares-Courel

O Goberno da Deputación aprobou este venres a adxudicación deste proxecto para a creación dun ecosistema integrado no territorio Ancares-Courel, dotado dunha inversión de preto de 70.000 euros e que prevé que se leven a cabo 10 accións

Trátase dun proxecto novidoso que pretende aproveitar o grande potencial da montaña lucense a través dun turismo que vincula esta actividade coa conservación do medio natural e a ciencia

-A iniciativa pretende que se desenvolva neste territorio un turismo de calidade, avalado polo selo Observer Turismo científico, sostible e durante todo o ano

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.