Novas

O Goberno da Deputación promocionará os espazos naturais da provincia de Lugo en Galicia e o Norte de Portugal

- Eduardo Vidal Bahamonde avanzou que a Deputación difundirá o patrimonio natural da provincia na guía turística de recursos naturais da Eurorrexión, que distribuirá o Eixo Atlántico en oficinas de turismo e lugares de paso de viaxeiros de toda Galicia e o Norte de Portugal

- A guía de espazos naturais da Eurorrexión terá unha tirada de 80.000 exemplares e incluirá información das tres Reservas da Biosfera de Lugo, a Ribeira Sacra, a praia das Catedrais, o Souto da Retorta, o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, o Courel, o Monte de San Vicente e rio Cabe e o Paseo das Aceas do río Sarria

Ler máis

Escolares de toda a provincia plantan salgueiros nos colexios coa Semana da Árbore e da Auga do Goberno da Deputación

- O Presidente sumouse á plantación do salgueiro que levaron a cabo os alumnos do CEIP Méndez Pelayo, na capital luguesa. Simultaneamente, alumnos doutros centros escolares do centro lugués, Mariña, Montaña e Sur levaron a cabo a mesma iniciativa

- 16.000 alumnos de 103 colexios de toda a provincia realizaron actividades durante toda a semana para as que o Executivo da Deputación editou os libros titulados A auga, o dragón e o salgueiro  e A invención do salgueiro con historias de ficción adecuadas aos cursos de infantil e primaria respectivamente que se centran nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

- O Goberno súmase mañá á iniciativa global A Hora do Planeta, que consiste nun apagamento eléctrico voluntario, no que fogares, empresas, institucións e demais edificios apagan as luces e outros aparellos eléctricos entre as 20:30 e as 21:30 horas

Ler máis

A Deputación impulsa o turismo científico nos Ancares-O Courel

- Esta proposta  busca un aproveitamento integral dos recursos de Ancares-Courel coa identificación de puntos de interese turístico-científico, así como a creación dunha oferta de actividades que permitan o desfrute deste espazo natural

- A iniciativa está enmarcada dentro do Plan Estratéxico de Turismo, que recolle a necesidade de desenvolver actuacións diferenciais para reforzar a oferta turística aproveitando os valores distintivos dos que gozamos na provincia

- Vidal Baamonde remarcou que “esta iniciativa é unha oportunidade única para o desenvolvemento desta Comarca, polas súas singulares condicións, ao mesmo tempo que contribúe a poñer en valor este territorio”

Ler máis

Santa María, una joya por emerger

La parroquia cervantega de O Castro alberga un conjunto patrimonial de gran valor. La Iglesia se asienta sobre un poblado castreño en gran parte oculto. El enclave es el orgullo de los vecinos, que hace años rehabilitaron la capilla con sus donativos y ahora luchan por retomar las excavaciones para arrojar más luz al entorno

Ler máis

O luns remata o prazo para inscribirse nas accións formativas do V Campus de Emprendemento Sostible da Deputación

- Os interesados poden apuntarse de xeito totalmente gratuíto no espazo habilitado na páxina web www.deputacionlugo.gal

Ler máis

En Cervantes podrán pastorear sobre terreno quemado esta primavera

Los ganaderos están a la expectativa de la comunicación oficial de Medio Rural

Ler máis

Comezan mañá as actividades gratuítas do Goberno da Deputación na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses

- A Escola de Barcia, en Navia de Suarna, acollerá este mércores a primeira actividade enmarcada na programación do Executivo. Trátase dun obradoiro sobre a preparación de ungüentos con herbas máxicas para o que xa hai inscritos 17 participantes

- Fernández Queipo destacou a “positiva acollida coa que contan as actividades na Reserva da Biosfera dos Ancares. Para a primeira actividade, que terá lugar mañá en Navia, practicamente se completou o aforo; mentres que o obradoiro de conservas de e o de licores artesanais no Concello de Becerreá xa completaron as prazas”

- Este é o primeiro dos 6 obradoiros que organiza o Goberno da Deputación nos Concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna. Os interesados en inscribirse nalgún dos cursos poden facelo en www.deputacionlugo.gal ou no 982 227 812

Ler máis

Aberto o prazo para participar no V Campus de Emprendemento Sostible do Goberno da Deputación

- Trátase da iniciativa coa que o Executivo ofrece formación, asesoramento individualizado e coñecemento in situ sobre proxectos empresariais exitosos, co obxectivo de poñer en marcha novos negocios nos Concellos das Reservas da Biosfera

- Os interesados en participar nos Campus de Motivación e Maduración Empresarial, que se celebrarán en marzo no Centro de Interpretación Terras do Miño, poden apuntarse ata o día 5 no espazo que se atopa habilitado en www.deputacionlugo.gal

- As catro anteriores edicións do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron a xeración, ata o momento, de 21 novas empresas na provincia e, polo tanto, de novos postos de traballo no conxunto do territorio lugués

Ler máis

A Deputación ofrece unha nova edición do Campus de Emprendemento pois xerou 21 empresas na provincia

- Fernández Queipo avanzou este xoves que outros 40 lucenses poderán recibir asesoramento individualizado e formación teórica-práctica para abrir os seus negocios

- Farano a través das accións que inclúe o V Campus de Emprendemento Sostible. Mañá abre o prazo de inscrición en www.deputacionlugo.gal ata o 5 de marzo

- 80 estudantes de FP coñecen as oportunidades de emprender coas sesións que se levan aos IES San Rosendo de Mondoñedo, IES Trapero Pardo en Castro de Rei e CFEA Alta Montaña, que son os 3 centros públicos da provincia que ofrecen ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio ambiente

- A Deputación tamén sensibiliza a 46 alumnos de Secundaria sobre o emprendemento con clases no IES de Becerreá e CEIP de Navia de Suarna. O Deputado e o Alcalde deste último Concello participaron hoxe nunha das sesións

Ler máis

115 persoas poderán participar de balde nas actividades do Goberno da Deputación na Reserva da Biosfera dos Ancares

- Máis de 115 persoas de todas as idades poderán participar en Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna nos obradoiros, incluídos na programación do primeiro trimestre

- Fernández Queipo subliñou que “a oferta inclúe obradoiros de elaboración de conservas e licores artesanais, elaboración de queixos frescos, deshidratación de froitas e hortalizas, fabricación de ungüentos e un obradoiro infantil de arxila”

- Os interesados en inscribirse nalgún dos cursos poderán facelo a partir do mércores ás 12:00 horas a través da web www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 227 812

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.